2 Xullo, 2009
Acabo de quedar algo flipadiño ao ver que a discoteca melidense Palladium publicou onte un vídeo en YouTube para anunciar a súa programación para as 2 vindeiras fins de semana:
Teño visto en YouTube moitos vídeos da Palladium, pero que se empregue esta canle coma promoción a tan curto prazo paréceme bastante arriscado, aínda que tampouco conto con que haxa moita xente que vaia a celebrar o 2º aniversario da discoteca só pola actuación de Eddy Watta, Hinojosa y Zambrano, DJ Sonic ou Liz & Baker, ¿verdade?
De todos os xeitos agardo que a discoteca funcione ben no verán, pois aínda que non guste dese tipo de local, entendo que da moita vida á noite melidense.
Debe estar conectado para enviar un comentario.