¿Avatar ou Airbender?

Xa temos aquí o teaser en español da nova película de M. Night Shyamalan, Airbender: El Último Guerrero: Pero, ¿de onde sae iso de Airbender? ¿A película non está...

Xa temos aquí o teaser en español da nova película de M. Night Shyamalan, Airbender: El Último Guerrero:

Pero, ¿de onde sae iso de Airbender? ¿A película non está baseada en Avatar: The Last Airbender (en España, Avatar, la leyenda de Aang)? A min non se me parece moito á serie de animación:

Vaia, que supoño que ao final será o aproveitamento da franquía para crear unha película totalmente nova, aínda que sospeito que pasan da súa marca porque Avatar tamén será o título da nova peli de James Cameron:

Polo momento sabemos pouco desta película, aínda que o seu videoxogo dá a entender que será de moita acción:

¿Cal será mellor? Pois supoño que a película de Cameron será a máis axeitada para adultos e a de Shyamalan para nenos, pero tampouco desboto que os cativos gusten da obra de Cameron. Eu apostaría por que podemos ter un grande éxito á altura de Terminator 2. O tempo o dirá (a película sae o 18 de decembro en España).

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS