O Air Guitar Rocker en Voces de Galicia

Hoxe pasámolo bastante ben no programa de Isidoro Valerio xogando co Air Guitar Rocker, un produto licenciado de Guitar Hero que nos permite facer air guitar de xeito autónomo,...

Hoxe pasámolo bastante ben no programa de Isidoro Valerio xogando co Air Guitar Rocker, un produto licenciado de Guitar Hero que nos permite facer air guitar de xeito autónomo, e se anuncia cun pouco de humor:

Está pensado só para pasalo ben, e o seu público obxectivo son os cativos e os chiflados; aínda que non deixa de ser un sucedáneo do Guitar Hero. Serviu de desculpa para falar máis de xogos musicais:

Tatsunoko vs CapcomDespois tamén adiantei que están a preparar o xogo Tatsunoko vs Capcom, que nun principio inclúe os personaxe Ryu, Chun Li (ambos de Street Fighter), Casshern (da serie do mesmo título) e Mark (de Comando G). Ten moi boa pinta, pero en vista de que contará con personaxes de Tatsunoko, sospeito que incluirá moitos personaxes ocultos (ao igual que o último de Dragon Ball trae a Arale Norimaki) entre os que poderían estar os Gatos Samurai ou o propio Chicho Terremoto. Só de pensar en Chicho tirándolle balonazos a Ryu xa escacho coa risa 😛

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • ExpOtaku meets Zona Otaku

    A semana pasada sobrevivimos a unha edición máis de ExpOtaku, encontro que non sei como fai para xuntar cada ano a máis xente. Eu só puiden achegarme o venres...