Onte pola tarde presentouse o novo iPhone 3G S, o que levou a varias persoas a preguntarme o meu parecer sobre o terminal, e teño que admitir que estou decepcionado, porque como posuidor dun iPhone clásico ou 2G estaba a agardar un modelo revolucionario que me animase a renovar o móbil, e a cousa non foi para tanto.
Polo momento o que temos é que a meirande parte das novidades son de software, de xeito que a semana que vén, con descargar a actualización que van sacar os de Apple, todo resolto, e así entre o iPhone 3G e o iPhone 3G S as diferenzas son cativas:
Si, os cambios son máis capacidade de disco, máis velocidade de procesador (o que polo momento non afecta moito, agás que no futuro lancen aplicacións que só funcionen nun iPhone 3G S, o que metería medo), máis velocidade na banda larga móbil (o que non importa a case ninguén, porque este límite de velocidade está principalmente no lado das operadoras), a cámara de 3 Mpíxeles con enfoque automático (o do autoenfoque era moi necesario, pero a falta de flash e a óptica cativa fará que as fotos continúen a ser cutres), gravación de vídeo (algo que molesta a moita xente, porque no iPhone 3G é posible e, de feito, hai aplicacións de terceiros que permiten facelo), control de voz (prestación que non me inspira confianza en ningún móbil, porque os erros custan cartos) e compás dixital (un bo complemento as aplicacións de GPS).
¿Paga a pena o iPhone 3G S?
Se hai algo que podemos dicir do novo iPhone é que por fin é un móbil completo (pese a que continúa tendo capado parcialmente o Bluetooth, a súa batería non é extraíble, non permite videocoferencia e algún outro detalle que posiblemente non importen ao usuario medio), polo que a decisión de compra dependerá moito do seu plan de prezos, que supoño que Telefónica anunciará nos vindeiros días (o móbil chega a España o día 19), e será ese momento no que volverei a falar deste tema.
¿É tan importante o prezo? Pois o certo é que si, porque se fan coma nos EE.UU., é posible que salden o iPhone 3G, e así moitos poderán elixir se mercan o 3G de 8 Gb ou o 3G S de 16/32 Gb. Se poñen uns prezos agresivos poderían facer que moitos dean o salto e fáganse cun destes terminais, nun momento no que tamén hai moitas alternativas.
ACTUALIZACIÓN (10-6-2009): Comenzan a detallar certos cambios no iPhone 3G S que resultan prometedores: pasará dun procesador a 412 MHz a outro a 600 MHz, de 128 a 256 Mb de RAM e ¡a súa pantalla será oleofóbica! Este último detalle é unha chorrada, pero a min paréceme un exemplo a seguir: o terminal conta cunha capa que repele a graxa, aínda que haberá que ter certo coidado ao limpala (supoño que para que non perda a devandita capa protectora).
Debe estar conectado para enviar un comentario.