Interesante DVD + TDT gravador con El País

A promoción que inicia El País o vindeiro domingo parece moi interesante, pois con 10 cupóns do xornal (12 euros se non somos colegas do quiosqueiro) e 49 euros...

DVD + TDT Gravador
A promoción que inicia El País o vindeiro domingo parece moi interesante, pois con 10 cupóns do xornal (12 euros se non somos colegas do quiosqueiro) e 49 euros podemos facernos cun reprodutor de DVD con TDT integrado que tamén grava da televisión dixital en memorias USB (ou discos duros externos debidamente formateados).
O DVD-TDT Combo Damasco FLIP BOX reproduce MPEG4, CD, DVD, SVCD, VCD, HDCD, MP3, WMA, JPEG e Kodak CD, ten saídas de euroconector, S-Video e HDMI (ideal se temos un televisor moderno) e conta cun porto USB no que reproducir e gravar. Mide 210 x 200 x 40 mm e pesa 1,5 Kg.
De ter algunhas carencias, é posible que non reproduza todos os formatos de MPEG-4 que rulan por aí (algúns reprodutores fallan co audio en AC-3) e sospeito que non é capaz de gravar da radio da TDT, pero nun principio parece unha oferta moi boa, especialmente se temos un televisor con entrada HDMI.
De todos os xeitos hai que facer lembrar á xente que un TDT gravador por USB custa no Carrefour 39 euros, polo que o interese de adquirir este trebello sería para non ter varios cacharros conectados ao televisor, o que tamén evita a proliferación de mandos a distancia invandindo o salón dos nosos fogares.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • O tratamento informativo do WannaCry dáme ganas de chorar

    O pasado venres convidáronme a participar no programa Área Pública da TVG para explicar un pouco o problema co ransomware que tiveron na sede central de Telefónica, causando un...