30 Maio, 2009
A memoria USB que recibín da Consellería de Economía e Industria lembroume a unha campaña da Asociación Nacional do Alzheimer AFAL, chamada Regala Memoria, e que é moi orixinal:
Para contribuír coa causa pódese adquirir unha memoria USB de 1 Gb de capacidade (¡que coincidencia!) por só 10,25 euros. Con esta iniciativa entendo que conseguen varios obxectivos:
– conciencian ao público sobre o problema do Alzheimer
– presentan un trebello tecnolóxico orixinal
– conseguir fondos para unha ONG
– facernos reflexionar sobre as cousas importantes da nosa vida, que queiramos conservar para sempre, aínda que sexa nunha memoria USB
¿Quen ía dicir que as pulseiras de silicona solidarias podían dar tanto xogo?
Debe estar conectado para enviar un comentario.