O pasado día 8 avisaba de que co gallo do día da Internet a Consellería de Economía e Industria estaba a regalar 7 memorias USB ao día, das que 1 viña de tocarme, e agora, 3 semanas despois, sorprendeume o carteiro traéndome un sobre (¿sobre?) que ao abrir vin que traía unha tarxeta ríxida. U-la memoria USB?
Na web do sorteo aparecían pendrives de 5 cores distintas e iso nun sobre abultaría bastante. Pero resultou que esas imaxes eran só promocionais, e a memoria USB estaba integrada na tarxeta de visita que viña no sobre.
Só ten 1 Gb de capacidade, e resulta bastante incómoda de conectar, pero para o que si é moi práctica e para levala na carteira coa documentación, de xeito que podemos viaxar sempre con algúns datos de interese ou documentos importantes que nos poidan sacar dun apuro (e incluso varias aplicacións portables). Agradecido quedo (especialmente porque o tema deu para 2 entradas neste blogue).
29 Maio, 2009
Debe estar conectado para enviar un comentario.