Jesús Martínez del Vas (JMV) segue tan atinado coma sempre, no seu mércores de redacción de hoxe para 233grados fai unha crítica ao grande problemas que teñen actualmente os trebellos tecnolóxicos:
Por fortuna, este problema vai en camiño de rematarse, e de cara ao futuro os móbiles van funcionar todos cun porto micro-USB, e mesmo venderíanse sen o cargador, para evitar a acumulación dun dispositivo que será estándar (e que moitos nin sequera precisarán, xa que a carga pode realizarse directamente no PC).
Sen ir máis lonxe, eu levo moito tempo cargando sempre o iPhone no PC, polo que recibirei a desaparición dos cargadores de pared (ou a limitación a un para todo) como unha boa nova, que agradecerán todos os que queden sen batería no traballo ou na casa dun amigo, xa que será doado atopar cómo cargar o móbil (ou calquera outro trebello semellante).
<ROSMÓN>As Palm (á espera do Palm Pre) están máis mortas que vivas, e os Zune non están á venda en Europa (por desgraza).</ROSMÓN>
Debe estar conectado para enviar un comentario.