Así eran os cyberpunks nos anos 90

Ao ver esta imaxe publicada en Boingboing botei unhas risas, pois estaba claro que era unha esaxeración un tanto cómica, pero reflexionando un pouco a cousa dá que pensar....

R U Cyberpunk
Ao ver esta imaxe publicada en Boingboing botei unhas risas, pois estaba claro que era unha esaxeración un tanto cómica, pero reflexionando un pouco a cousa dá que pensar. ¿Por qué? Pois porque vemos moitos trebellos que nos anos 90 estaban presentes no mercado dun xeito normal, e que agora están practicamente extintos. Así, ao igual que na primeira metade do século XX a ciencia ficción amosaba un ano 2000 con coches voando e sen Internet, nos 90 fallamos estrepitosamente ao non ser quen de prever o éxito dos smartphones.
Repasemos algúns dos trebellos que se ven na imaxe:
– cámara de vídeo
– minidisc
– escánner de man de Logitech (¡Eu tiña un! ¡Con 32 niveis de gris!).
– reprodutor multimedia de CD portátil
– gravador de vídeo
– teléfono móbil
– portátil
– revistas de tecnoloxía
– busca
– GPS
– micro-cámara
Resulta arrepiante comprobar que as funcións de toda esa cantidade de ferranchos collen agora no peto nun único dispositivo capaz de chamar por teléfono e mandar mensaxes, gravar e reproducir contidos multimedia, xeoposicionarnos, consultar información… e moitas outras funcionalidades que nin sequera poden facerse coa trapallada que pode verse na fotografía (como recoñecer imaxes e voz, guiarte polas estradas ou permitir videoconferencias en grupo e transmisións en tempo real).
¿Hai algunha dúbida de que os smartphones cambiaron para sempre o sector tecnolóxico? E os tablets tamén parecen ir polo mesmo camiño. Estamos a vivir unha revolución, e chega con botar a vista atrás un par de décadas para poder facer reconto de todos eses cambios. O peor de todo é que no camiño estamos a encher o mundo de refugallos tecnolóxicos.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • O tratamento informativo do WannaCry dáme ganas de chorar

    O pasado venres convidáronme a participar no programa Área Pública da TVG para explicar un pouco o problema co ransomware que tiveron na sede central de Telefónica, causando un...