Parabéns aos gañadores dos Premios Mestre Mateo

Durante a pasada fin de semana estiven a agardar a que a xente da TVG se dignase a subir ao seu servizo de televisión á carta a gala dos...

Durante a pasada fin de semana estiven a agardar a que a xente da TVG se dignase a subir ao seu servizo de televisión á carta a gala dos Premios Mestre Mateo, para poder seleccionar os cortes que me resultaban máis interesantes, pero este ano decidiron pasar de todo (un tirón de orellas para eles, pois a gala de 2007 si que está na súa web), e non é ata agora, cando Pawley subiu a YouTube un par de cortes que podo dignarme a pór aquí un corte do acto de entrega de galardóns:

Sí, A Navalla Suíza veu recoñecida a súa excelente labor en Flocos.tv (agardemos que o proxecto permaneza no tempo), levou un premio pola música orixinal A noite que deixou de chover e Tamara Canosa veu coma a súa interpretación en Pradolongo recibía o seu recoñecemento nos premios da Academia Galega do Audiovisual. Este é, sen dúbida, a ocasión na que a máis gañadores coñezo, polo que agora, coma nunca, teño que dicir iso de enhorabuena a todos los premiados.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS