¿Naufragar do blog?

A tira de hoxe de Mel é toda unha incitadora da reflexión: ¿Qué pasa cando un ten períodos de moito traballo ou simplemente vai de vacacións? ¿Debe desconectar do...

A tira de hoxe de Mel é toda unha incitadora da reflexión:
Naufragar do blog
¿Qué pasa cando un ten períodos de moito traballo ou simplemente vai de vacacións? ¿Debe desconectar do blog? ¿Ou é unha responsabilidade mantelo activo aínda que sexa coa programación diferida de entradas que dean a entender que sigue activo?
Eu admito que no verán moléstame moito que os programas de televisión, radio, podcasts e outras publicacións vaian de vacacións e ignoren ao seu público durante máis dun mes, pois aínda que sabes que en agosto non están aí, é toda unha incógnita saber cando volven, de xeito que uns son puntuais o 1 de setembro, outros despois do 15 de setembro, e algún rezagado non retoma a actividade ata outubro. Se falamos de iniciativas persoais pareceríame aceptable, pero na meirande parte dos casos son edicións profesionais, e aínda que marche algunha xente de vacacións, sempre hai outra ao pé do canón, polo que a ausencia estival non parece moi xustificada. ¿Acaso no verán hai menos novas que no inverno? Sabemos que iso non é certo, pero é a sensación que dan os medios.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS