Left 4 Dead, ¿a película?

Night Zero é un fotocómic un tanto rariño, pero o que é rechamante é que os seus responsables publicaron unha galería fotográfica na web (descuberta a través de Pixfans)...

Night Zero é un fotocómic un tanto rariño, pero o que é rechamante é que os seus responsables publicaron unha galería fotográfica na web (descuberta a través de Pixfans) promocionando a súa páxina web na que podemos ver unha serie de fotografías nas que recrean escenas do xogo Left 4 Dead, dando toda a impresión de que estamos ante unha película:
baixando as escaleiras
Apagade as lanternas
vas quedar coma un colador
Vendo esas falsas instantáneas só podo pensar: ¡quero ver a película xa! Conseguiron recrear a estética do videoxogo dun xeito excelente, e só faltaría un pouco de guión para crear unha obra impresionante con eses alicerces. Vaia, que das pelis de zombies ou infectados non pedimos moito, e do que non hai dúbida é de que son moi rendibles economicamente, polo que apostaría algo a que imos tardar pouco en ver unha película baseada no Left 4 Dead (xogo que poderiamos considerar como o tapado de 2008, converténdose en todo un imprescindible para o xogo en liña).

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS