Watchmen lidera as vendas de libros en Amazon

Álvaro Pons difunde a información de que na actualidade o tomo recompilatorio de Watchmen lidera a listaxe dos libros máis vendidos en Amazon. Vaia, que era normal que liderase...

Watchmen en Amazon
Álvaro Pons difunde a información de que na actualidade o tomo recompilatorio de Watchmen lidera a listaxe dos libros máis vendidos en Amazon. Vaia, que era normal que liderase as listaxes de comics pero que incluso estea no posto nº 1 en libros é toda unha sorpresa (aínda que non unha honra, tendo en conta a cantidade de merda que nos EE.UU. chaman bestseller). Pero eu quixera chamar a atención noutro detalle: o prezo.
En España debemos ser parvos, porque nos quioscos venden unha xigantesca e inmanexable edición de Watchmen que custa 35 euros cando en Amazon venden a edición normal por 10,99 dólares (cando o prezo oficial é 19,99 dólares). ¡Así claro que é un supervendas!
Eu teño a fortuna de contar coa edición de Norma (a de tamaño estándar) do cómic e de saír hoxe á venda a 15 ou 20 euros estou certo de que ía vender coma churros. ¿Qué nos pasa en Europa que cando algo vende ben incrementamos o seu prezo en vez de reducilo para aumentar as súas vendas?
Tampouco podo deixar pasar que a edición absoluta de Watchmen tamén está á venda en catalán. Supoño que pedir que se edite en galego algún cómic clásico de superheroes e moito pedir, ¿verdade?
Por suposto, as aventuras de Astérix están en galego, pero os comics que podemos considerar imprescindibles coma Watchmen, V de Vendetta, Secret Wars, Marvels, Born Again ou El Regreso del Señor de la Noche, e dos que debería haber copia en todas as bibliotecas públicas galegas, non veremos edicións en galego ata que alguén tome en serio a novena arte.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS