Who watches the Watchmen?

¿Quen vixía aos vixilantes? É unha boa pregunta. ¿Quen veu hoxe Watchmen? É unha pregunta ridícula, porque a resposta é evidente: un servidor e a metade dos frikis do...

ticket de Watchmen¿Quen vixía aos vixilantes? É unha boa pregunta. ¿Quen veu hoxe Watchmen? É unha pregunta ridícula, porque a resposta é evidente: un servidor e a metade dos frikis do planeta terra. A película non moverá masas, pero hai un colectivo enteiro que vai rendirlle tributo sen lugar a dúbidas.
¿Qué me pareceu a peli? Pois penso que sen dúbida é unha das mellores adaptacións dun cómic que se fixo, pero sospeito que unha persoa que non lese a serie orixinal ou non teña cultura de cómic (vaia, que coñecer a JSA e a JLA axuda moito a meterse na historia) non vai pillar a metade das referencias da película, polo que non sairá tan impresionado do cine como estou eu agora. Vaia, que para min xa é unha compra segura en DVD.
Os Watchmen ao completo
E cando digo que a adaptación das viñetas á grande pantalla é boa refírome a que é fiel ao orixinal á vez que constrúe ben a historia. Non só hai composicións de plano que lembran ao cómic, senón que o reparto do tempo na película parécese moitísimo á distribución en números da historia orixinal que non é unha novela gráfica, senón o que no século XX chamábamos unha maxi-serie de 12 números.
O Comediante está soberbio na películaSobre o reparto, admito que non gustei da elección do actor que fai de Ozymandias, e o Comediante non me convencía… ata que o vin en acción. O Comediante incluso resulta convincente nas súas distintas épocas, pois na película sae con 3 idades distintas (mozo, adulto e vello) o que supoño que sería un impecable traballo de maquillaxe. Do resto de actores non teño queixa.
Deixando de lado o que é a adaptación en si, non podo evitar destacar especialmente 5 cousas da película:
1- Os títulos de crédito iniciais: unha sucesión de dioramas nos que narran a historia dos superheroes no mundo de Watchmen
2- A banda sonora: que non só conta cun repertorio excelente, senón que as cancións están ben colocadas no seu contexto. Gustei especialmente dun momento protagonizado por Ozymandias no que se escoita Everybody Wants To Rule The World nunha versión de música de ascensor.
Incluso chegaría a definir a Watchmen como a Forrest Gump dos superheroes, non porque pense que Rorschach sexa un paspán, senón porque as súas bandas sonoras son unha recompilación memorable.
Ver listaxe de cancións na banda sonora de Watchmen ▼

a máscara de Rorschach
3- A máscara de Rorschach: parecía imposible que puidesen facer dun xeito crible a máscara viva de Rorschach, pero lográrono. O efecto é realmente impresionante.
4- A pirola do Dr. Manhattan: sorprendeume que non censurasen a aparencia do Dr. Manhattan disumulando coa composición de planos e con destellos que anda coa pirola ao aire. O sexo en xeral adóptase con naturalidade durante toda a película, como tamén fan coa violencia. É o que hai, e punto.
5- A promoción da película: é unha cadaga anunciar que Watchmen é do director de 300 pois dá a entender que se promociona un filme de acción pura e dura, cando en realidade é unha película para adultos que gustan da cultura dos comics de superheroes que dura máis de 2 horas e media.

Para rematar recomendo que vexades o a parodia de Watchmen en plan serie de debuxos animados do sábado pola mañá, outra en plan Dos hombres y medio e outra con Rorschach cantando. ¿Quen diría que a obra de Alan Moore e Dave Gibbons ía dar para tantas coñas?

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS