Día do libro

Dende Freak’s City queren animar á xente a celebrar o Día do Libro (o vindeiro luns) agasallando comics, para o que fan unha listaxe de recomendacións: Watchmen Marvels Mouse...

No día do libro regala tebeosDende Freak’s City queren animar á xente a celebrar o Día do Libro (o vindeiro luns) agasallando comics, para o que fan unha listaxe de recomendacións:

  • Watchmen
  • Marvels
  • Mouse
  • 300
  • Bone
  • Contrato con Dios
  • Ex-Machina
  • Superman: Identidad Secreta
  • V de Vendetta
  • Ronin

As recomendacións parecen boas, pero eu reduciríaas bastante, pois Bone coido que é algo difícil de agasallar (é unha colección regular) e algunhas cousas coma 300 só teñen unha certa relevancia na actualidade. Digamos que que preferiría cinguirme a Watchmen, Marvels e pouco máis, aínda que tamén engadiría o Born Again de Daredevil, que coido que é unha das mellores historias de superheroes que se contaron nunca. O Dark Knight tamén podería ser unha boa suxestión, aínda que postos a elixir, os primeiros número dun dos coleccionables de Batman nos que se incluían as historias de Batman: Año Uno tampouco sería unha mala escolla (pero quedaría algo cutre, xa que se poden mercar mooooi baratos).
Fóra do mundo dos superheroes, tamén recomendaría algunha recompilación de tiras cómicas de Frank Cho (Liberty Meadows ou University2) e mesmo o Bok Redux, con moito material de Jesús Martínez del Vas. Vaia, que non atopa nada interesante o que non quere 😉

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Novo tráiler da película de Wonder Woman

    Tras varios teasers que foron poñéndonos os dentes longos, por fin temos o novo tráiler do filme de Wonder Woman protagonizado por Gal Gadot. Desta volta amósanos un chisco...
  • Novo tráiler de Guardianes de la Galaxia Vol. 2

    A que promete ser a película máis divertida do ano, Guardianes de la Galaxia Vol. 2, estrea por fin o seu novo tráiler, amosando moito máis do que era...
  • Logan: «hostia puta»

    Por se alguén estaba confundido e pensaba que Logan ía ser unha especie de terceiro filme de Lobezno, temos por fin un novo tráiler que deixa claro que a...
  • O cine friki de 2017

    Parece que imos ter un 2017 dun friki subido se atendemos ás estreas cinematográficas que, aínda que non teñen unha data totalmente pechada, quedarían aproximadamente do seguinte xeito: 13...