Esta noite botan por La 1 de Televisión Española a película Casino Royale e entroume a curiosidade de mirar a qué hora a botan por televisión, vou á web de RTVE e vexo que poñen hoxe La hora de José Mota (probei a cargar a páxina co Explorer por se era un problema co Firefox):
¡¿O qué?! ¿Ese programa non é os venres? Miro entón o que botan pasado mañá á mesma hora e vexo a película desta noite:
Nese momento púxenme a buscar unha explicación e lin iso guía eleborada pro InOutTV
, polo que pensei: ¿Será un erro do provedor de servizo? Vou á web de InOutTV e consulto a súa Sincroguía:
¡E está ben! Ou sexa, que os de TVE collen dos datos da Sincroguía pero o domingo aínda teñen a información do venres… ¿Explicación? O único que se me ocurre é que en vez de ter un proceso automatizado que lle diga á web a data de hoxe, hai un fulano que lle dá ao botón para facer tal, e como está de fin de semana o traballo quedou sen facer. De ser así é unha irresponsabilidade absoluta.
Este tipo de fallos é totalmente aceptable nunha web dunha televisión privada, pero no ente público fixeron unha aposta brutal polo relanzamento da súa web, e que cometan este tipo de pifias é bastante triste. Estou contento de que a web estea operativa, pero con outros servizos de RTVE tamén estou moi decepcionado, como cando seguía semanalmente o podcast dun programa de Radio 5. E falo en pasado porque os que subían o podcast á Internet eran uns informais, e ás veces subían de vez os 3/4 últimos programas… e durante un deses retrasos de publicación perdín o hábito de escoitar o programa… 🙁
Os medios poden ser moi modernos, pero se a xente que os utiliza continúa a utilizar mentalidades máis propias doutros tempos terémolo difícil para avanzar.
8 Marzo, 2009