Manchas de Rorschach anti-porno

Coa proximidade da estrea da película de Watchmen estou moi sensibilizado dos tests de manchas de Rorschach (como cando saíu un exemplo na portada da revista de R), e...

Coa proximidade da estrea da película de Watchmen estou moi sensibilizado dos tests de manchas de Rorschach (como cando saíu un exemplo na portada da revista de R), e agora sorpréndenme a campaña promocional da canle Beate-Uhse Erotic TV, que utiliza o test para ilustrar que o que ven os nenos e o que ven os maiores non é sempre o mesmo (o que tamén aproveitan os creadores de películas de animación, que reparten chistes para nenos e para pais, para non agradar a todos), aínda que en realidade están a anunciar o seu sistema de control parental (que impide que os nenos vexan porno):

Esta peza é obra da axencia xermana Kempertrautmann, e paréceme toda unha obra de arte, aínda que lonxe da miña adorada escena da película Wilt (que fóra dun par de detalles é un auténtico truño).
Ai, ai, ai… só faltan 10 días para Watchmen… ¡qué nervos!

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS