El Intermedio putea a Más se perdió en Cuba

As sospeitas confirmáronse, e o polémico vídeo do Gran Wyoming resultou ser unha broma do programa El Intermedio de La Sexta a Más se perdió en Cuba de Intereconomía...

As sospeitas confirmáronse, e o polémico vídeo do Gran Wyoming resultou ser unha broma do programa El Intermedio de La Sexta a Más se perdió en Cuba de Intereconomía TV:

A broma non tiña moita graza, pero os piques entre canles están a dar moito xogo, e aínda que gustei máis da bronca entre El Gato al Agua e Sé lo que hicisteis, desta vez a cousa acadou moita máis repercusión, aínda que é difícil demostrar que o clip que se subiu a YouTube acadou 250.000 reproducións porque xa non existe (descoñezo por qué o borraron), pero hai que recoñecer que ultimamente está a ser moi habitual iso de botarlle as culpas a YouTube cando son os propios responsables dos programas de televisión (directa ou indirectamente) os que penduran da Rede moitas das informacións das que logo falan os seus compañeiros.
Sen dúbida, este tipo de follóns acabarán converténdose en temas obrigados a repasar nos cursos de ética periodística.

ACTUALIZACIÓN: A resposta de Intereconomía TV resultou un tanto penosa:

Haberá que agardar ao sábado para que conten a súa versión da historia, pero non acabo de entender a qué vén acusar a La Sexta dunha chea de cousas que non veñen a conto, pois o Gran Wyoming traballa para a canle televisiva, pero non é a canle televisiva.
A miña impresión é que os de Intereconomía TV perderon un pouco o rumbo ao publicar un vídeo coma verídico simplemente porque o recibiron por e-mail (a ver se dan máis detalles sobre iso, porque os fai quedar moi mal), pero admito que o estou a pasar moi ben coa bronca 🙂

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS