E chegou Linda Park (presumindo de NFC)

A semana pasada a serie televisiva The Flash nos EE.UU. sorprendeume dun xeito moi agradable ao incorporar ao personaxe Linda Park, que na banda deseñada chegaba a ser a...

iris_barry_e_linda

A semana pasada a serie televisiva The Flash nos EE.UU. sorprendeume dun xeito moi agradable ao incorporar ao personaxe Linda Park, que na banda deseñada chegaba a ser a esposa de Wally West (Kid Flash/Flash), o que abre unha interesante porta na ficción televisiva. Deixará de perseguir Barry Allen a Iris? Quedará Linda como moza oficial do personaxe fusionando a Barry con Wally (algo que xa ten pasado noutras adaptacións)? Ou chegaremos a ver a Wally West nunha futura tempada da serie?

linda_park_redaccion

As posibilidades son moitas, pero polo momento só podo dicir que é un acerto incorporar a Linda Park, xa que facilita que a historia manteña un carácter máis luminoso, propio de Flash, e fuxindo do agonías que era Clark Kent perseguindo a Lana Lang en Smallville ou do sino que persegue a Oliver Queen en Arrow.

linda_park_samsung

Pero hai unha cousa que me fixo moita graza no episodio anterior de The Flash: para ligar con Barry, Linda pasoulle o seu contacto ao móbil mediante contacto, ou sexa, empregando a tecnoloxía NFC, deixando ver claramente que o home máis rápido do mundo facía uso dun smartphone de Samsung (coido que é un Galaxy S5). Vaia, que pareceume un caso de product placement moi ben feito.

iris_iphone_sorrindo

A cousa é aínda máis rechamante se temos en conta que no mesmo episodio Iris tíralle unha fotografía a Flash co seu iPhone.

iris_iphone

Ah, si, pero non é un iPhone 6 ou 6 Plus, senón que trátase dun vello iPhone 5, polo que podemos entender que o meteron simplemente por ser un móbil popular, mentres que o terminal de Barry si estaría patrocinado por Samsung.

Iso si, parece que en televisión repítese a práctica de que os mozos protagonistas fan uso de produtos carísimos, e mentres nos 80-90 podiamos ver como había rapaces de instituto con automóbil (ou que había policías que podían permitirse un coche deportivo) agora temos que a bolseira dun xornal pode permitirse un iPhone, algo que noutras situacións podería xustificarse por ter familiares con alto poder adquisitivo, pero non sería o caso, xa que o pai de Iris é policía, cría á súa filla so, e para máis inri tamén adoptou a Barry Allen, polo que non creo que lle caian os cartos de arriba.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Jon Secada no Luar

    E se Jon Secada fose un youtubeiro?

    O 13 de setembro foi un día moi especial na Televisión de Galicia xa que volveu á grella da programación o programa Luar contando coa presenza excepcional de Jon...
  • Novo viral da TVG

    Na Televisión de Galicia hai momentos que pasan á historia, como cando en 2007 ao reporteiro Alberto Mancebo unha nena nunha gardería espetou un sonoro «nos pegan» ou cando...
  • Un mundo infernal

    Unha das series de televisión de máis éxito da miña infancia foi Dragones y Mazmorras, da que incluso puidemos ver adaptación en banda deseñada da serie e incluso unha...
  • Queremos tarifas planas de banda deseñada?

    Non hai dúbidas en que estamos chegando a un momento no que as plataformas de subscrición para acceder a contidos baixo demanda saturan a calquera, sendo impensable que un...