Adeus a un clásico dos quioscos

A revista Teleindiscreta de Hachette Filipacchi deixa de publicarse en España pois a súa tiraxe media de 42.572 ejemplares, os seus 179.000 lectores e unha facturación publicitaria de 4,1...

Portada de TeleindiscretaA revista Teleindiscreta de Hachette Filipacchi deixa de publicarse en España pois a súa tiraxe media de 42.572 ejemplares, os seus 179.000 lectores e unha facturación publicitaria de 4,1 millones de euros non foron suficientes para manter viable esta publicación case histórica.
Dende Hachette aseguran que a “forte competencia” das revistas e os programas de corazón e a “falta de información sobre as grellas cunha antelación suficiente” serían os motivos do peche, aínda que Supertele e Teleprograma (da mesma editora) se manteñen (¿rematarán caendo?).
Sorprende que o peche dunha publicación se salde co despido de só 9 traballadores “dun grupo de 600 persoas”, o que evidencia que tampouco era un proxecto ao que se lle dedicasen moitos esforzos.

Non botarei en falta a publicación (hai moito que considero inútil este tipo de revistas) pero sempre lembrarei os adhesivos de V que regalaban nos primeiros números:
adhesivos de V

Supoño que xa son un elemento pop na memoria de media España, coma o póster de Son Goku que incluía o nº 1 da revista da desaparecida revista da CRTVG (aínda o gardo).

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Jon Secada no Luar

    E se Jon Secada fose un youtubeiro?

    O 13 de setembro foi un día moi especial na Televisión de Galicia xa que volveu á grella da programación o programa Luar contando coa presenza excepcional de Jon...
  • Novo viral da TVG

    Na Televisión de Galicia hai momentos que pasan á historia, como cando en 2007 ao reporteiro Alberto Mancebo unha nena nunha gardería espetou un sonoro «nos pegan» ou cando...
  • Un mundo infernal

    Unha das series de televisión de máis éxito da miña infancia foi Dragones y Mazmorras, da que incluso puidemos ver adaptación en banda deseñada da serie e incluso unha...