En xullo de 2007 a diario gratuíto ADN deixaba o seu dominio diarioadn.com por unha nova web, ADN.es, nun interesante proxecto no que se buscaba crear un medio dixital que chegaba moito máis aló da súa edición impresa e que incluso era responsabilidade doutra empresa, Planeta Medios Digitales, que esta semana iniciou o seu proceso de peche, o que levará a ADN.es a volver ao que era no pasado, un reflexo da súa edición impresa.
Explico isto para comezar porque me parece importante destacar que a web ADN.es non pecha nin desaparece, como anunciaban os titulares que daban algúns xornalistas (o que me parece moi irresponsable, pois os corpos das novas que se podían ler non se correspondían cos seus titulares), o que pecha realmente é a empresa Planeta Medios Digitales.
¿E por qué saco este tema que xa se comentou sobradamente en moitos blogs esta semana? Non porque a prensa estea en crise, senón porque o Grupo Planeta está a facer recortes, o que me mete o medo no corpo porque nos últimos meses os afeccionados aos comics de DC xa tivemos que padecer uns insufribles retrasos nas publicacións (que superaban os 3 meses nalgún caso) que supostamente se arranxará en 2009, aínda que xente bastante ao día asegure que o que pasa non é máis que un reaxuste editorial (reestruturación do cadro de persoal).
Polo momento a crise xa se fai notar do xeito máis desagradable: suba de prezos. Parece paradoxal que nun momento no que a xente contén o gasto os xornais teñan os huevos de subir de 1 euros a 1,10 euros, e que os comics de 2,95 e 3,50 euros pasen a valer 3,50 e 3,95 euros respectivamente (por sorte os de 1,95 euros manteñen o tipo).
Este tipo de xogadas podería pór aínda máis en perigo o futuro de Planeta DeAgostini Comics, e aseguro que non me apetece nada que se repita o que pasou con Zinco hai anos, pois son fan das publicacións de DC, e me fastidia que se editen mal as coleccións que sigo regularmente. Agardemos que a Cuenta Atrás a Crisis Final (casualmente a serie que acumulaba máis retraso) non sexa un mal agoiro.
10 Xaneiro, 2009