Hulk vs Wolverine

O vindeiro día 24 na Comic Con de San Diego algúns afortunados poderán ver a película Hulk vs Wolverine que non sairá en DVD ata xaneiro de 2009 (¡menuda...

Hulk enfróntase a Lobezno

The Incredible Hulk 181O vindeiro día 24 na Comic Con de San Diego algúns afortunados poderán ver a película Hulk vs Wolverine que non sairá en DVD ata xaneiro de 2009 (¡menuda espera!) e que sería unha especie de rememoración do número 181 da serie americana de Hulk.

Parece que a recapitulación da historia será bastante literal pois incluso conservan o vello traxe de Lobezno, co que realmente parecía un Wolverine/Glotón/Carcayú (que é unha especie de oso anano con longas garras, e non ten nada que ver con ningún cánido coma os lobeznos).

Non é a única homenaxe que ten lugar na película, senón que tamén se pode ver cómo revisitan unha clásica portada do cómic de Hulk:
Homenaxe á portada

Mentres a película non chega podemos ir collendo sabor de boca cun pequeno avance:

Agora falta que nos amosen unhas imaxes da peli Hulk vs Thor para pechar a circunferencia pois Hulk vs Wolverine só é unha historia de só 33 minutos que na súa edición en DVD irá acompañada polo combate con Thor, ou sexa, que non chegan a ser unhas películas completas, senón que se trata dunha recompilación de historias curtas que sospeito que van ser cuspidiñas a historias anteriormente editadas en cómic.
Iso si, agardemos que a pelexa Hulk/Thor non teña nada que ver coa que houbo na serie de televisión de Bill Bixby/Lou Ferrigno:

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS

  • John Byrne volve aos X-Men ao seu xeito

    A figura de John Byrne está estes días de actualidade pola publicación en papel da continuación non oficial da súa etapa nos cómics de La Patrulla X, ata o...
  • Un mundo infernal

    Unha das series de televisión de máis éxito da miña infancia foi Dragones y Mazmorras, da que incluso puidemos ver adaptación en banda deseñada da serie e incluso unha...
  • Queremos tarifas planas de banda deseñada?

    Non hai dúbidas en que estamos chegando a un momento no que as plataformas de subscrición para acceder a contidos baixo demanda saturan a calquera, sendo impensable que un...
  • Os Vingadores non iniciaron o lume

    A capacidade de mobilización que teñen os grandes programas de televisión nos EE.UU. non deixa de sorprender, principalmente porque manteñen o seu pulo no tempo, cando en España hai...