Barack H. Obama, ese Pac-Maqueiro

Estaba claro que Mariano Rajoy non era un maqueiro senón que só posou cun equipo de Apple (co escritorio baleiro) para un vídeo, pero o futuro presidente dos EE.UU....

Estaba claro que Mariano Rajoy non era un maqueiro senón que só posou cun equipo de Apple (co escritorio baleiro) para un vídeo, pero o futuro presidente dos EE.UU. si que é un usuario de equipos de Apple, e o seu equipo de campaña tamén utilizou portátiles MacBook Pro durante os últimos meses.
O maqueirismo de Apple queda patente na seguinte foto:
Obama co seu MacBook Pro
Ups, ¿seguro que é un maqueiro e non un anti-maqueiro? É que o Pac-Man comendo a mazá de Apple parece un tanto agresivo… ¿creará unha nova moda de decoración de portátiles? ¿Cantos maqueiros estadounidenses decorarán o seu portátil cun comecocos?

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • O tratamento informativo do WannaCry dáme ganas de chorar

    O pasado venres convidáronme a participar no programa Área Pública da TVG para explicar un pouco o problema co ransomware que tiveron na sede central de Telefónica, causando un...