O directo de Zapping máis maqueiro da historia

O pasado venres boa parte dos zappineiros nos xuntamos na tenda Play de A Coruña para un directo do noso programa de radio favorito, no que foi un encontro...

A familia Zapping
O pasado venres boa parte dos zappineiros nos xuntamos na tenda Play de A Coruña para un directo do noso programa de radio favorito, no que foi un encontro multitudinario.
A xente que escoitase o programa dende a casa tivo que flipar, porque ó non estar presente no directo se perdeu o 80% da diversión, que en boa medida quedou marcada polos sorteos/concursos que contaron coa inestimable colaboración de Roli:
Roli e os sorteos
Os sistemas de elección de participantes foron do máis absurdo que se veu nunca: preselecionándose grupos de persoas con algunha prenda de roupa vermella, co DNI caducado, con máis de 9 chaves ou con medicamentos enriba para logo elixir ós finalistas cun mecanismo semellante ó xogo dos chinos, pero empregando o resultado numérico para contar ata a persoa seleccionada:
a xente erguendo as mans
Tamén se repartiron folios para que a xente escribira o seu nome e o lanzase a unha cesta que sostiña Txuri (unha mágoa que lle pixelase o careto, porque é de película):
lanzamento de papeis
Un dos mellore

s momentos da velada foi cando os Macois escenificaron un conto con bonecos de verdade, como a Princesiña que mercaba en Breshka ou o Príncipe que levaba uns desfibriladores para espertala do feitizo da meiga que lle dera unha mazá (obtida nun dos concursos do programa) envenanada:
Macois contando un conto
En definitiva, un programa divertidísimo para os que asistimos ó directo, e que podemos rememorar grazas ó podcast:

NOTA: Como andabamos con presa, non puiden comentar na miña sección un detalle curioso, as mensaxes SMS que van a estar de moda estes días. Velaquí van algunhas:

• ¿Has comprado ya el regalo de estas navidades? Lo que va a triunfar son los muñecos de los duques de Lugo… Se venden por separado 🙂 ¡Felices Fiestas!
• En estas fechas de paz y amor la SGAE te recuerda que a partir de 2008 todo lo relacionado con la Navidad lleva canon. ¡Gracias a todos y Feliz Año!
• Para esta Nochebuena no te pongas tacones, no es cuestión de que también suba el conejo. ¡Felices Fiestas!
• Hola Hugo. O te callas o no te felicito estas navidades (J.C. Rey de España).
• Zapatero informa: “El dinero no da la felicidad”. Rajoy contesta: “¡Claro, con estos precios…”
• El Gobierno recomienda comer conejo esta Navidad. Haz Feliz a un conejo y dale una zanahoria para que él también se coma algo. Feliz Nochebuena del conejo.

zp8497586rq

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • ExpOtaku meets Zona Otaku

    A semana pasada sobrevivimos a unha edición máis de ExpOtaku, encontro que non sei como fai para xuntar cada ano a máis xente. Eu só puiden achegarme o venres...