1 Novembro, 2008
Os de Google destacan polo seu sentido do humor, e para celebrar o Halloween colaron no seu documento robots.txt (que é un texto que teñen moitas webs para dar instrucións aos motores de busca, decíndolles o que poden ou non explorar) o seguinte:
User-agent: zombies
Disallow: /brains
Non sei se manterán a broma en liña moito tempo, ou se a pillará moita xente, pero a min fíxome graza (o meu ficheiro de robots é moi soso, e agora teño medo de que os mortos viventes veñan a polos meus miolos).
Debe estar conectado para enviar un comentario.