Protectores de pantalla sincronizados

¡Os brasileiros están tolos! Como mínimo, os que se xuntaron o 29 de setembro pasado para sincronizar os protectores de pantalla dos ordenadores da súa oficina están mal da...

¡Os brasileiros están tolos! Como mínimo, os que se xuntaron o 29 de setembro pasado para sincronizar os protectores de pantalla dos ordenadores da súa oficina están mal da cabeza, como se pode ver no seguinte vídeo:

Esta iniciativa naceu coa intención de crear un viral na Internet para promover a Virtual Global Race, unha carreira interactiva para os internautas brasileiros (na que reparten premios de verdade entre os participantes) que parece buscar darlle bola a Intel por patrocinar ao equipo de automobilismo BMW Sauber.
Curiosamente tras varias semanas a campaña non parece estar a acadar moito éxito na Rede, aínda que non sei se afectará o feito de que a unha carreira lle chamen corrida en portugués. ¿Será un destes contidos que gaña forza co tempo?

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • O tratamento informativo do WannaCry dáme ganas de chorar

    O pasado venres convidáronme a participar no programa Área Pública da TVG para explicar un pouco o problema co ransomware que tiveron na sede central de Telefónica, causando un...