¡Os brasileiros están tolos! Como mínimo, os que se xuntaron o 29 de setembro pasado para sincronizar os protectores de pantalla dos ordenadores da súa oficina están mal da cabeza, como se pode ver no seguinte vídeo:
Esta iniciativa naceu coa intención de crear un viral na Internet para promover a Virtual Global Race, unha carreira interactiva para os internautas brasileiros (na que reparten premios de verdade entre os participantes) que parece buscar darlle bola a Intel por patrocinar ao equipo de automobilismo BMW Sauber.
Curiosamente tras varias semanas a campaña non parece estar a acadar moito éxito na Rede, aínda que non sei se afectará o feito de que a unha carreira lle chamen corrida en portugués. ¿Será un destes contidos que gaña forza co tempo?
14 Outubro, 2008
Debe estar conectado para enviar un comentario.