Cando lin hoxe o blog de Uruloki quedei flipado, pois parecía que deixaba de falar de películas frikis para pasar ao porno, pero era unha falsa alarma. Estaba a comentar o hilarante proxecto de PG-Porn, que é un orixinal proxecto no que presentan cortes de vídeo dixiridos ao público que gusta das películas pornográficas pero non das escenas de sexo. ¿Non pillades a idea? Pois vede a primeira entrega:
Si, o tío do vídeo é Mal o de Firefly e Serenity, a tía é a actriz porno Aria Giovanni e en próximas entregas poderemos ver ao Lex de Smallville e a un dos actores de Las Chicas Gilmore.
Iso de liar a famosetes para facer vídeos de carallada é toda unha pasada, e para os que non pillaran a coña, o título do clip de PG-Porn é un xogo de palabras, pois nailing your wife normalmente querería dicir clavándolla á túa muller, só que neste caso é bastante literal.
En seguintes entregas supoño que tamén representarán grandes guións coma o seguinte:
– Señora, aquí tiene su butano.
– Su butano, su butano… tú lo que tienes es una labia… anda, pasa.
¿Terán guión ese tipo de escenas ou estarán improvisadas?
Debe estar conectado para enviar un comentario.