If I were a rich man

O pai de Leo remíteme un meme. Trátase de citar 5 cousas excéntricas que faría se fose millonario. Vou intentar responder: 1- mercaría o metro de Madrid e o...

O pai de Leo remíteme un meme. Trátase de citar 5 cousas excéntricas que faría se fose millonario. Vou intentar responder:
1- mercaría o metro de Madrid e o faría peonil. E os xubilados ¡gratis! (Faemino e Cansado tamén teñen ideas xeniais)
2- editaría en DVD algunha serie e película que lembro da miña infancia e que non dan publicado nin pa dios (a de Superman de 1987, a peli de Howard. Un nuevo héroe e cousas polo estilo)
3- faríame con algunhas ilustracións orixinais dos meus debuxantes de comics favoritos, e incluso encargaría algún deseño personalizado e curioso
4- montaría unha biblioteca na casa cun busto de Shakespeare no que se agochase o interruptor que abrise o acceso á miña cova segreda
5- cambiaría as cabinas de Cabitel de toda Coruña por réplicas do Tardis do Dr. Who (e que se acendese a luz do tellado cando alguén fixese unha chamada).

Por suposto, tamén cantaría a seguinte canción:

Do que si pasaría é de facer unha piscina como a do Tío Gilito, pois debe de mancar bastante iso de nadar en moedas. Tamén me parecería algo pedante encargar a composición dunha ópera ou que fixesen unha estatua ecuestre (lo que cueste) da miña persoa.
O que non remato de saber é se un excéntrico é un tolo con cartos, ou unha persoa libre de facer o que lle dá a gana.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS