Vingadores, ¡reunídevos (no meu televisor)!

As películas de cine de Iron Man e El Increible Hulk son as primeiras dunha serie de películas que pretende desembocar nun peliculón no que se formen os Vingadores...

Nova serie dos Vingadores
As películas de cine de Iron Man e El Increible Hulk son as primeiras dunha serie de películas que pretende desembocar nun peliculón no que se formen os Vingadores coma grupo de superheroes estrela do Universo Marvel (con perdón dos Catro Fantásticos), e para preparar o terreo anunciaron onte que Marvel Animaton está a preparar a serie de animación The Avengers: Earth’s Mightiest Heroes (Os Vingadores: Os Maiores Heroes da Terra), que estará formada por 26 episodios de media hora, e pola que deberemos agardar ata 2011 (ano no que está prevista a mencionada película do grupo). Supoño que ao longo de 2009 poderemos ver algún avance desta prometedora serie.
Marvel Super Hero SquadLembremos que na actualidade está en curso a serie de Wolverine and the X-Men (que estrean os seus episodios nas divisións sudamericanas de Jetix, polo que se poden ver antes en español e portugués que en inglés, o que resulta abraiante) e para o ano que vén estrearase tamén unha serie de Iron Man, á que seguirán Marvel Super Hero Squad (si, os dos bonecos) e The Black Panther, polas que non dou un can, deixando as miñas esperanzas para a serie dos vingadores na que Iron Man, Hulk, o Capitán América, Thor, o Home Xigante e a Avespa se xuntan para loitar contra ameazas alieníxenas, o robot Ultrón, monstros mitolóxicos e todo o que se lles pase pola cabeza aos guionistas (que sospeito que tirarán de historias clásicas dos comics, adaptándoas para a televisión, como pasou con moitas outras series de animación).
¿A qué están a agardar dende DC para reaccionar ante os lanzamentos da Marvel? Dende que rematou a Justice League Unlimited en 2006 só sacaron un par de series (a de Batman, que dá peniña, e outra da Lexión de Superheroes, que aínda non se veu por aquí) e unhas poucas películas de animación que non chegan a encher o baleiro deixado polas series de Bruce Timm 🙁

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS