¿Porno para nenos?

O público da saga cinematográfica de Piratas del Caribe está composto principalmente por nenos (o que se nota cando un visita unha xoguetería antes do Nadal) polo que sorprende...

Portada de Pirates Stagnetti's RevengeO público da saga cinematográfica de Piratas del Caribe está composto principalmente por nenos (o que se nota cando un visita unha xoguetería antes do Nadal) polo que sorprende que fagan unha película que entendo como parodia (dubido que ninguén pense que é un plaxio ou unha inspiración) na que aparecen actrices como Jesse Jane, Gabriella Fox, Shay Jordan, BellaDonna, Katsuni, Stoya, Riley Steele, Jenna Haze, Sasha Grey ou Shawna Lenee, ou sexa, que Pirates: Stagnetti’s Revenge é unha película porno.
¿Qué pretenden con obras coma esta? ¿Facer que os cativos comecen a ver pelis pornográficas? ¿Que descarguen a peli accidentalmente pensando que van ver unha de Johnny Depp? ¿Ou simplemente esperan chamar a atención de adolescentes que queren botar unhas risas coas, de seguro ridículas, situacións que darán pé ás escenas de sexo?
O acabado final da peli parece que está á altura dunha película de serie B:

Din que é a meirande produción porno da historia (¿cal será a segunda?) e parece que conta con 600 efectos especiais (¿de verdade era necesario?). E a súa edición en DVD e Blu-ray é realmente esaxerada, pois se pode mercar en 4 DVD ou 2 Blu-ray, pois trae escenas adicionais, reportaxes en plan Making Of, a versión do director das 10 escenas de sexo da película ( 😀 😀 😀 ), tomas falsas, reportaxes sobre a creación dos efectos especiais… ¡Moitos máis contidos que calquera produción de Hollywood! O único que lles falta é estreala en cine, vaia. Por fortuna, sae directamente para o mercado doméstico.
Quedo coa dúbida de saber cal foi o orzamento da película. ¿Será como unha película española ou estará a altura das películas menores norteamericanas? ¿Non é un pouco arriscado investir moitos cartos nunha película que insta á piratería?

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS