¿Porno para gamers?

O mundo das películas pornográficas conta co seu propio vocabulario, que serve para definir dende posturas sexuais ata xéneros, e así ó ver American Pie escoitamos o que era...

O mundo das películas pornográficas conta co seu propio vocabulario, que serve para definir dende posturas sexuais ata xéneros, e así ó ver American Pie escoitamos o que era unha M.Q.M.F. (M.I.L.F., en inglés) e grazas ó DVD tamén hai un xénero de películas descoñecido para o VHS que eran as P.O.V. (Point of View). O que me sorprendeu foi ver que na Internet estaba a circular o trailer dunha película deste último xénero ó que parece que lle cambian o nome para achegalo ós afeccionados ós videoxogos de acción en primeira persoa coma Doom ou Halo, trátase de Kevin Moore’s FPS, e o seu trailer (non recomendado para menores de 18 anos) parece de coña:

¿Aparecerán agora toda unha serie de títulos coa etiqueta de First Person Shooter (FPS)? ¿A presentación da película en plan Terminator non é friki de máis? ¿Haberá quen pense que a película é un videoxogo na que se utiliza unha arma moi característica?
A verdade é que a descripción da peli non ten desperdicio:

This new release from the mind of Kevin Moore brings the viewer into his perverted virtual role-playing environment, where sexy girls are waiting, and snipers may be lurking the next corner. Shot in point-of-view style, First Person Shooter incorporates fresh scenarios with some of the hottest stars in adult, including megastars Jenna Haze and Tory Lane, Asian sexpot Jayna Oso, and European heartthrobs Rebeca Linares and Jennifer Dark.

Iso de falar de contorno virtual de xogo de rol viste a película coma se fose algo serio e todo.
Como curiosidade non podo evitar comentar que ó ver o nome de Rebeca Linares consultei a Wikipedia para ver se era española, e resultou ser donostiarra, e cun número de películas tan elevado (contei 92) que como continue así vai deixar ó Nacho Vidal coma un simple principiante. ¡Menudas cousas se descubren na Rede só porque aparece unha película porno algo friki!
Aparte do Porn Raider (Jewel Raider) e do Street Fucker II (peli porno asiática), ¿sabedes algunha otra achega que fixeran os videoxogos ó mundo do porno? Porque supoño que un TetriXXX, un Analkanoid ou un Fucker Bubble serían títulos demasiado rariños, ¿non?

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS