Melide acollerá o seu II Salón de Voda o 17 de marzo
O Concello de Melide e a Asociación de Empresarios Terra de Melide (ASETEM-CCA) organizan o domingo 17 de marzo a segunda edición do Salón de Voda, un evento que...
Zulema Vázquez desfilará durante o Salón de VodaO encontro desenvolverase entre as 11:00 e as 20:00 horas e concentrará unha variada oferta de produtos e servizos propios para a organización dunha voda, cun total de 35 expositores de 16 sectores diferentes. Estarán así presentes establecementos de hostalería, moda, lencería e complementos, florerías, xoierías, imprentas, axencias de viaxes, salóns de peiteado, asociacións, negocios de fotografía, listaxes de vodas, autobuses, doces, coches de época… un amplo abano comercial que exporase ao público en Melide.
A empresa lalinense Zafiro Tours realizará un desconto do 6% durante o Salón e sorteará un cruceiro entre todas as parellas de noivos que casen en 2013 ou 2014, aínda que o prato máis forte deste evento melidense será unha pasarela na que a modelo galega Zulema Vázquez Rey, medalla de ouro do Foro Europa 2001, desfilará en dous pases, o primeiro ás 13:00 horas e o segundo ás 18:00 horas. A modelo tamén estará nun photocall para quen desexe fotografarse xunto a ela.
Para facervos unha idea de como será o Salón, velaquí un vídeo no que podemos ver como foi a súa pasada edición:
E, para rematar, velaquí o seu cartel promocional:
A semana pasada sobrevivimos a unha edición máis de ExpOtaku, encontro que non sei como fai para xuntar cada ano a máis xente. Eu só puiden achegarme o venres...
Admito que este ano quedei moi positivamente coa boa acollida que tivo a XXVI Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional de Melide, pois tras un sábado con moi...
Que actualmente hai convencións fikis por todo o mundo non é ningunha sorpresa, pero sorpréndeme non ter escoitado nunca falar da que montan en Basilea, pois «a Comic Con...
O vindeiro venres estréase na Illa de Aurousa o novo espectáculo de Marcos Pereiro, Como ser Armario Empotrado, un monólogo que durante un par de meses percorrerá Galicia en...
Debe estar conectado para enviar un comentario.