4 Agosto, 2008
Hoxe pasei polo programa Voces de Galicia e Isidoro Valerio estaba de merecidas vacacións, collendo o seu relevo Paula González (quen fai de produtora do programa durante o resto do ano). A rapaza estao a facer bastante ben, e estou seguro de que ao rematar agosto vai ter ben domado o espazo radiofónico.
Hoxe comentei que o ADSL vai pasar de 3 a 6 Mbps despois do verán (retrasouse o cambio por líos coa CMT), que os programa de partners de YouTube xa está operativo en España, que a revista Esquire vai ter unha portada de papel electrónico (teño moitas gañas de ver o exemplar), comentei un par de cousas sobre reprodutores musicais e tamén o lanzemento de Lareta.net:
Sobre o de escribir SMS no móbil mentres se cruza a rúa: ¿parécevos razoable que se prohiba? ¿Deberían comezar a concienciar sobre os usos axeitados do móbil? Coido que agora que temos teléfonos por todas partes habería que educar un pouco á xente, ¿non? Polo menos para que non teñan que facer cousas coma requisar móbiles nos institutos e cousas polos estilo.
Debe estar conectado para enviar un comentario.