26 Xullo, 2008
Dende 233grados.com publicaron durante as últimas semanas unha colección de 10 ilustracións de Ramón que representan 10 razóns para ler un medio en liña, e agora as xuntaron nunha presentación:
A metade dos argumentos son moi chorras, pero está claro que os soportes dixitais teñen moitas vantaxes, aínda que o papel tampouco é manco.
Non hai nada mellor que un xornal cando cae aceite na cociña 😉 Vaia, que Ramón podería animarse cunha colección de 10 razóns polas que o papel vai manterse a longo prazo (aínda que con distinta forza).