Esta semana confírmase que Viñetas desde o Atlántico terá lugar entre os días 6 e 12 de agosto na Coruña e, á espera da publicación do seu cartel oficial debuxado por Kim, xa temos interesante información sobre o evento, como son os contidos de varias das súas exposicións e os convidados que participarán no certame.
Contaremos coa presenza de auténticos descoñecidos para min (refírome a que non lin ningún dos seus traballo, claro) como R.M. Guéra, Rubén Pellejero, Bartolomé Seguí e José Domingo, o prometedor Homs e, moi especialmente, Frank Quitely, un dos debuxantes de máis éxito no cómic norteamericano dos últimos anos, con obras de culto como Flex Mentallo, e magníficos traballos para Marvel (New X-Men) e DC (JLA: Tierra 2, os primeiros números de Batman y Robin e o magnífico All Star Superman) que valéronlle 4 premios Eisner e e 3 premios Harvey. Só por este último xa compensa pasar este ano por Viñetas.
No tocante ás exposicións, aparte das mostras de orixinais dos convidados, este ano destacaría 2 exposicións en concreto: unha de Batman con obras de Neal Adams, Jim Lee, Alex Ross, Mike Mignola, Tim Sale e outros; e outra dedicada ao 20º aniversario da publicación do manga Dragon Ball en España, o que claramente vivirase con moita ilusión en Galicia, onde Son Goku e As Bolas Máxicas marcaron unha xeración.
¿Son precisas máis razóns para visitar A Coruña o mes que vén?
E xa que falamos da obra de Akira Toriyama, non podo evitar compartir neste espazo unha ilustración que amosaría como serían os personaxes de Street Fighter da man do autor do Dr. Slump e Arale:
¡Como mola Gatchan facendo de Ken!
Debe estar conectado para enviar un comentario.