Votade con forza… a Rodolfo Chiquilicuatre

Antes de que comece a xornada de reflexión electoral quero pedirvos que, se ides votar, que o fagades a Rodolfo Chiquilicuatre e o seu Chiki Chiki. Si, falo do...

Vota Chiki ChikiAntes de que comece a xornada de reflexión electoral quero pedirvos que, se ides votar, que o fagades a Rodolfo Chiquilicuatre e o seu Chiki Chiki. Si, falo do Festival de Eurovisión, que como continúe así vai ser unha canteira para Televisión Español, pois para votar hai que chamar a un número 905 ou remitir un SMS.
Para votar a ese monstro de La Sexta hai que chamar ó 905 44 71 07 ou enviar unha SMS ó 5152 co texto CANCION 07. Coido que non haberá moita dúbida de que Rodolfo vai gañar a gala do sábado, e será o representante de España en Eurovisión, pois de non ser así o público vai colgar do pescozo á organización da candidatura española. Está claro que hai mellores cancións e intérpretes, pero se queren facer unha selección popular logo teñen que ser consecuentes.
Vendo tal resultado calquera pode entender o perigoso que son os xuízos con tribunais populares 😮

Rodolfo Chiquilicuatre é finalista para o Festival de EurovisiónDurante este sábado, os que non coñezan a Rodolfo Chiquilicuatre van quedar ben servidos, pois ás 16:20 La Sexta vai emitir un especial dedicado a este personaxe e presentado por Berto, e pola noite chegará a gala de TVE, que comezará ás 22:30 horas en La 1 e que seguila enteira suporá todo un acto de masoquismo, por contar con Raffaela Carrà como conductora. Con tal presentadora está claro que apostan polo frikerío.
Todo apunta a que Lordi sentou un precedente que desculpa calquera candidatura a Eurovisión (festival que sospeito que sempre foi friki). Aínda así, teño que defender a Lordi, pois creo que o seu tema era algo máis que unha boa posta en escena:

De tódolos xeitos tampouco lle podo quitar a razón a Miki Nadal, que hoxe en SLQH afirmou que antes vían Eurovisión os gays a agora o verán os frikis, ou iso se pode entender tras ver a multitudinaria concentración que se realizou en Madrid onte.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS