Hoxe en Voces de Galicia Isidoro Valerio sorprendeume preguntándome pola solución tecnolóxica que deberían utilizar nun pazo para montar unha rede Wi-Fi (polos problemas que dá a pedra coas coberturas) e comenteille que o máis axeitado sería distribuír varios router polos pazo, conectándoos ao ADSL (ou conexión de Internet que teñan) mediante PLC.
As comunicacións a través das liñas eléctricas é moi complicado dar acceso á Rede (aínda que a súa principal problemática é que non é rendible explotar esta tecnoloxía cando o xDSL está tan espallado) pero para uso doméstico está moi ben, e deste xeito se pode empregar para establecer pontes que superen os atrancos que supoñen os grandes muros de pedra ou as vivendas de varios andares.
Así, se collemos o router ADSL (ou cable) e lle conectamos un adaptador PLC (normalmente saen máis baratos mercados a pares) e logo repartimos outros adaptadores polo edificio xa podemos levar a conexión a varios ordenadores, aínda que o máis práctico sería que en vez de pinchar directamente os adaptadores a ordenadores, se fixera a routers Wi-Fi, para que así non fose preciso andar con cables por ningunha parte. Ademais, se utilizamos o enxeño, podemos optimizar moito a instalación para que o número de routers necesario sexa moi pequeno (hai que colocalos en posicións estratéxicas).
Pero iso só foi un tema máis dos que falamos hoxe:
E si, mola Coloring.com, o navegador GPS do Coche Fantástico vai en serio, para recibir información sobre as temperaturas por SMS hai que ir á web de Sanidade e o vicepresidente de E Ink que di que os xornais de papel electrónico chegarán ao mercado en 2009 debería cambiar de apelido se queren que o tomen en serio en España, pois aínda que sexa un chiste doado, eu non me fío dun fulano ao que chamen Sr. Kuwata.
Debe estar conectado para enviar un comentario.