A revolución da Internet móbil en RadioVoz

Hoxe en Voces de Galicia estiven a falar con Isidorio Valerio das novas posibilidades das conexións 3.5G, que permiten que nos conectemos á Rede dende calquera parte: Considero que...

Hoxe en Voces de Galicia estiven a falar con Isidorio Valerio das novas posibilidades das conexións 3.5G, que permiten que nos conectemos á Rede dende calquera parte:


modem Huawei E220Considero que as novas tarifas planas de Movistar están bastante ben, aínda que continúo a preferir a oferta de Simyo da que xa falei hai uns días (pero é porque só me conecto de tal xeito durante as fins de semana).
O que tamén me parece moi atractivo é o router Huawei E960, pois supón un xeito moi sinxelo de montar unha Wi-Fi alí onde non hai ADSL nin cable. Iso si, os que non queiran agardar a que comercialicen tal router en España poden optar por adquirir un router Asus WL-500g Premium (ou semellante) e combinalo cun modem USB Huawei E220 (que xa levan varios anos no mercado, polo que son doados de atopar libres e de segunda man) e cun pouquiño de maña poden funcionar xuntos. O router de Asus ten 2 portos USB, polo que tamén podemos empregar o USB que queda libre para montar un disco duro en rede, o que resulta moi práctico para almacenar contidos multimedia que estean dispoñibles para todos os nosos equipos.
Ah, e sobra dicir que non necesario mercar un modem USB para conectarse á Internet por 3G ou 3.5G, xa que normalmente se pode aproveitar o noso móbil por USB ou Bluetooth para conectarse á Rede en calquera parte.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS