Boquete de seguridade

Dani avisoume de que este blogue tiña un boquete de seguridade: Quitando que fose un meme, teño que avisar que si tiña un grave problema de seguridade, que se...

Dani avisoume de que este blogue tiña un boquete de seguridade:
boquete
Quitando que fose un meme, teño que avisar que si tiña un grave problema de seguridade, que se solucionou actualizando a versión de WordPress. Nos últimos días puidéchedes ver que o blogue funcionaba mal, pois alguén estaba a piratear esta web, o que tivo unha consecuencia brutal: eliminárona de Google.
Nos vindeiros días normalizarase a situación, aínda que me sorprendeu moito que os de Google tomasen medidas tan drásticas. Non puidera solucionar a situación antes, porque a última vez que intentei actualizar o WordPress fallou totalmente a operación (cos problemas que iso trae).
Agora a cousa comeza a funcinar ben, e espero que continúe así durante moitos meses.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS