O control de seguridade de Playmobil en Amazon

Que en Amazon introducisen na súa listaxe de produtos o Control de Seguridade de Playmobil xa resulta divertido, especialmente polas imaxes que o acompañan, reflexando con bastante fidelidade como...

Que en Amazon introducisen na súa listaxe de produtos o Control de Seguridade de Playmobil xa resulta divertido, especialmente polas imaxes que o acompañan, reflexando con bastante fidelidade como son os controis de aeroportos e algúns organismos públicos, o que desencadeou unha vaga de comentarios que son unha pasada.

Recoméndovos que botedes un ollo ao que a xente di, pois chegan a apuntar detalles como “o meu fillo de 5 anos decatouse de que os zapatos do pasaxeiro no poden sacarse”, “o xoguete sería máis realista con 350 esperando na

cola durante unha horas e tamén estaría ben que o complementasen cunha sala de interrogatorios”, “estou a agardar polo lote do Cartel da Droga Mexicano” e moitas outras cousas.

Un bo lugar na web para botar unha risa sempre que se saiba entender o sarcasmo.

Iso si, hai quen non se conforma co control de seguridade e monta o aeroporto enteiro:

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS