As novidades da semana en RadioVoz

Esta mañá falei con Isidoro Valerio en Voces de Galicia sobre o éxito de descargas do Firefox 3, Songbird como alternativa a iTunes, a web de QuePlaya.es e o...

Esta mañá falei con Isidoro Valerio en Voces de Galicia sobre o éxito de descargas do Firefox 3, Songbird como alternativa a iTunes, a web de QuePlaya.es e o puñeteiro canon dixital:


EFiX permitindo o uso de Mac OS X nun PCTamén comentei o lanzamento inminente de EFiX, un dispositivo USB que fai crer ao Mac OS X que o noso PC é un ordenador de Apple, de maneira que podemos empregar o sistema operativo de Steve Jobs sen gastar os cartos nun Mac (aínda que só sexa para probar o que ofrece esta plataforma) e sen ter que hackear, pois xa era posible facer todo iso cunhas distribucións tuneadas do Mac OS X (pero que dan algún que outro problema para os non iniciados).
Esta solución non será a panacea, pero para a xente que teña ordenadores con procesadores Intel e cunha configuración semellante aos Macbook ou iMac é unha boa solución para achegarse ao mundo do Mac. Iso si, con risco de engancharse, o que a longo prazo pode afectar á economía persoal, pois os ordenadores de Apple con boas prestacións hai que pagalos.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS