Os monitores como porta á alta definición

Hoxe Isidoro Valeiro estaba algo cambiado en Voces de Galicia. Parecía máis louro, máis novo e coa voz máis feminina. Ou iso, ou estaba ausente e era Paula González...

Hoxe Isidoro Valeiro estaba algo cambiado en Voces de Galicia. Parecía máis louro, máis novo e coa voz máis feminina. Ou iso, ou estaba ausente e era Paula González que ocupaba o seu lugar 😉
Falamos un pouco do novo iPhone, do Firefox 3 e mesmo dalgunha cousiña sobre xogos:


Aínda que o máis raro de todo foi comezar a sección cun tema de María Dolores Pradera e non coa sintonía habitual. Un tema que comentei, e do que tiña ganas de falar aquí e da tendencia crecente de usar monitores como porta de entrada á alta definición.

Si, ao Blu-ray disc aínda lle falta moito para normalizarse (se chega a facelo) pero na Internet hai moitas películas en alta definición, e os que queren velas a tal calidade máis económico é empregar o ordenador ou unha consola de videoxogos de nova xeración (PS3 ou Xbox 360). O detalle que se lle escapa a moitos é que as consolas se poden conectar a monitores, tanto a través de VGA como de HDMI, polo que podemos gozar de xogos, películas e series de alta definición en FullHD sen ter que mercar un enorme televisor para o salón (que aínda son algo careiros).
Pantalla Acer de 24 polgadasOs monitores de alta definición (FullHD) acadan resolucións de 1.920 x 1.080 ou 1.920 x 1.200 (segundo sexan 16:9 ou 16:10) podendo acadar estar resolucións tranquilamente nos modelos de a partir de 22 polgadas. ¿Os prezos? Pois aínda que hai uns meses non baixaban dos 500 euros, agora xa os hai dende 269 euros.
Mirando no mesmo fabricante podemos atopar modelos case iguais con lixeiros incrementos de prezo que poden chegar aos 100 euros, e para que o saibades, non sempre corresponde a pantallas mellores, senón que é cousa de conectores: os máis básicos só teñen conector VGA, e outros inclúen HDMI. Neste último caso o normal é que ou conten con altofalantes ou cunha saída para conectalos (vaia, que o HDMI leva tanto vídeo coma audio).
Iso do HDMI pode ser importante se queremos empregar o monitor para moitos dispositivos, pero se é para unha consola como a Xbox 360 se pode sacar da mesma unha conexión VGA (aínda que ese cable se vende por separado).
Se temos en conta que unha Xbox 360 se pode adquirir nova por 199 euros (seminova por 119 euros), introducirse na alta definición hoxe é máis barato que nunca, polo que parece que se tarda en facerse un sitio no mercado é principalmente por falta de demanda.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • ExpOtaku meets Zona Otaku

    A semana pasada sobrevivimos a unha edición máis de ExpOtaku, encontro que non sei como fai para xuntar cada ano a máis xente. Eu só puiden achegarme o venres...