3 Xuño, 2008
Hoxe sae practicamente en toda a prensa española unha fotografía de Alaska para PETA e Anima Naturalis:
O que pasa con este tipo de fotografía artistico-reivindicativa é que, cando se presentan en sociedade, perden o seu encanto:
Sencontrastamos a aparencia de Alaska no mundo real coa súa representación gráfica canta moitísimo o Photoshop, deixando nun traballo de cativos os carteis electorais de Manuel Fraga.
A campaña está moi ben feita, pero sospeito que a súa mensaxe vai quedar diluída nos programas de televisión de lercheo nos que criticarán os retoques fotográficos, a cirurxía plástica e cousas polo estilo. ¿Apostamos?
Debe estar conectado para enviar un comentario.