Matías El Humilde en Comando Actualidad

A pasada fin de semana descubrín nunha redifusión por Canal 24 Horas o programa de La 1 Comando Actualidad, que estaba a dedicar especial atención á seguridade viaria. Estivo...

A pasada fin de semana descubrín nunha redifusión por Canal 24 Horas o programa de La 1 Comando Actualidad, que estaba a dedicar especial atención á seguridade viaria. Estivo bastante ben un experimento nun circuito pechado no que o reporteiro pasaba unha serie de probas con distintos grados de alcolemia, pero o máis tecnolóxico de todo foi Matías El Humilde, que está acusado de facer tolerías ao volante e subilas a YouTube. O fulano incluso ten unha tenda de videoxogos, e ante os resporteiros de Televisión Española non se lle ocorreu nada mellor que botar unha partida ao Grand Theft Auto IV:

¡Menudo figura! Si, si, no GTA IV pode atropellar peóns e moitas máis animaladas (prenderlle lume a prostitutas, pisarlle a cara a outra persoa, conducir por beirarrúas ou facer esbourar unha gasolineira), que parece que están destinadas a calmar as ansias violentas de tolambráns coma El Humilde.
Eu creo que títulos coma o GTA son caralludos, pero cando vemos a certas persoas xogando aos mesmos poderiamos estar tentados a cambiar de opinión 🙁

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS