A serie norteamericana de comics de Wonder Woman promete volverse moi interesante, pois vén de fichar coma debuxante a Aaron Lopresti, quen tamén fixo a saga de Planeta Hulk e ten debuxado comics de Red Sonja e Xena, ou sexa, que é todo un experto en ilustrar aventuras de espadas, loitas épicas e historias na liña de Conan.
O número 20 de Wonder Woman marca o comezo de Ends of the Earth, que será unha mini-saga de 4 números dos que xa coñecemos as 3 primeiras portadas:
Pero a cousa non remata aí, porque se lemos as primeiras páxinas do número 20 podemos quedar máis que satisfeitos:
Nunca esperaba ver a unha Wonder Sonja pero a cousa pinta ben. Tamén era algo escéptico con Planeta Hulk e finalmente gustei moito de ler tal historia, así que a nova aventura da princesa Diana de Themyscira é algo que espero adquirir no futuro nun tomo que recollerá esta nova etapa, pois parece que se edita coa intención da súa recopilación a posteriori como historia independente.
13 Maio, 2008
Debe estar conectado para enviar un comentario.