A festa coruñesa do cómic para este ano xa ten datas: do 11 ao 17 de agosto. Así o fan saber dende seu blog oficial, dende onde continuarán a dar detalles coma os convidados e a exposicións que encherán a vindeira edición de Viñetas que, curiosamente, volve a coincidir cunha estrea friki nos cines, xa que o mércores 13 de agosto chegará ás grandes pantallas a última película de Batman, The Dark Knight (El Cabalero Oscuro), da que xa temos un trailer en español cunha calidade de imaxe decente:
Iso si, preferiría que o título da película en España fose El Señor de la Noche por meros motivos históricos (o cómic The Dark Knight Returns de Frank Miller vendeuse coma El Regreso del Señor de la Noche na súa primeira edición). É algo así coma respectar os nomes dos personaxes cando se traducen. Vaia, que todos sabemos que Wolverine é un carcayú ou glotón, e non un lobezno, e non por iso corriximos o nome en comics e películas. A continuidade nos nomes é marcas é algo que debería coidarse máis.
9 Maio, 2008
Debe estar conectado para enviar un comentario.