Chegan o Wii Fit e <em>Grand Theft Auto IV</em>

Hoxe en RadioVoz estiven a falar de distintos temas con Isidorio Valerio, como a saída do , o dicionario de galego en liña de Ir Indo, a rede social...

Hoxe en RadioVoz estiven a falar de distintos temas con Isidorio Valerio, como a saída do , o dicionario de galego en liña de Ir Indo, a rede social da WWE e o lanzamento do GTA IV:


Si, si, comezamos bromeando un pouco sobre a Wii Fit, porque se comezou a vender en España o pasado venres, e hoxe mesmo vin a táboa de equilibrio en funcionamento no Carrefour:
Wii Fit no Carrefour
Non hai dúbida, o produto vai venderse moi ben, aínda que limitado polo reducido número de Wiis que hai en España. Non o digo de coña, pois Nintendo comercializou moitas máis unidades noutros países, de aí que aquí fose tan difícil de conseguir a consola. Cando a Wii acade unha masa crítica importante vermos coma os accesorios voarán das tendas (polo momento a Wii Fit se pode mercar sen problemas de stock).
Pero o lanzamento de Nintendo vai quedar eclipsado polo Grand Theft Auto IV, que vai ser posiblemente o xogo do ano. Van vender moitísimo, e máis de un mercará a Xbox 360 só por este xogo (algúns tamén picarán coa PS3, pero coido que aínda é demasiado cara como para que chegue a imporse á consola de Microsoft).
Iso si, ¿alguén se atreve a pór unha data para que nos telexornais aparezan asociacións de pais denunciando o xogo? Eu apostaría algo a que vai ser mañá mesmo, co lanzamento do xogo, cando veremos as primeiras queixas nos informativos, para que durante a fin de semana haxa incluso algunha reportaxe sobre a tópica violencia nos videoxogos (curiosamente nunca critican de igual xeito ó cine nin á televisión, pese a que dende CSI ata as series de médicos son máis violentas que o GTA IV).

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Videoxogos de papel

    A nostalxia ten moita forza, e de cando en vez serve de inspiración para fermosas marabillas, como o vídeo de Eric Powers no que fixo un repaso da historia...
  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Queremos tarifas planas de banda deseñada?

    Non hai dúbidas en que estamos chegando a un momento no que as plataformas de subscrición para acceder a contidos baixo demanda saturan a calquera, sendo impensable que un...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...