¿Volve a guerra das bandeiras?

O domingo vin que no Correo falaban de que o PP de Melide se queixaba pola falta de bandeiras no Concello ante o Valedor do Pobo e, sinceiramente, pensei...

bandeiras no Concello de Melide
O domingo vin que no Correo falaban de que o PP de Melide se queixaba pola falta de bandeiras no Concello ante o Valedor do Pobo e, sinceiramente, pensei que se trataba dun erro, e que era unha nova doutro mes que aparecera accidentalmente na web da publicación compostelá, pero o mércores o mesmo tema apareceu en La Voz (aínda que nese caso se trataba dunha nova do Concello de Brión), polo que supoño que a cousa vai en serio, o que me ten bastante mosca xa que o asunto aparecera na prensa en xaneiro e marzo, e finalmente crin que estaba zanxado.
¿Hai unha campaña coordinada do PP para denunciar a desaparición das bandeiras en varios concellos galegos? ¿Qué pinta o Valedor do Pobo en todo isto? ¿Alguén me pode ilustrar sobre o tema?

No Correo poñen literalmente que «La casa consistorial melidense todavía no tiene las insignias» e eu penso que si están (¿acaso as quitaron?), aínda que pouco visibles. Quitando o feito de que este tipo de polémicas me parecen absurdas (por innecesarias), ¿está realmente rexurdindo o problema? Porque de ser así coido que o Valedor non pinta nada, pois se trataría dunha problemática legal, para máis señas, sobre a Lei 39/1981 que di, entre outras cousas, o seguinte:

ARTÍCULO TERCERO: La bandera de España deberá ondear en el exterior y ocupar el lugar preferente en el interior de todos los edificios y establecimientos de la Administración central, institucional, autonómica, provincial o insular y municipal del Estado.

ARTÍCULO CUARTO: En las Comunidades Autónomas, cuyos Estatutos reconozcan una bandera propia, ésta se utilizará juntamente con la bandera de España en todos los edificios públicos civiles del ámbito territorial de aquélla, en los términos de lo dispuesto en el artículo sexto de la presente ley.

ARTÍCULO SEXTO: Cuando se utilice la bandera de España ocupará siempre lugar destacado, visible y de honor.

Vaia, que as bandeiras de España e Galicia son de uso obrigado no exterior do Concello, pero a Lei non entra a detallar os matices, polo que supoño que o Goberno municipal debería poder determinar onde considera oportuno que as bandeiras ondean de xeito destacado, visible e de honra. Quizais a última palabra sexa a que pode xerar máis problemas pero, ¿paga a pena discutir sobre o tema?

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS