¡Primeiro de abril!

¡Moito ollo! Hoxe celébrase o Primeiro de Abril (April Fools) que é algo así coma o Día dos Santos Inocentes no mundo anglosaxón, polo que moito do que se...

¡Moito ollo! Hoxe celébrase o Primeiro de Abril (April Fools) que é algo así coma o Día dos Santos Inocentes no mundo anglosaxón, polo que moito do que se le na Internet pode ser broma. Ata o momento atopei algunhas cousas sospeitosas:
– En YouTube (versión internacional) ó pulsar en calquera dos vídeos destacados sae o seguinte:

Sería unha especie de Rickrolling, que nun principio define a unha ligazón nun foro que leva ao usuario a un asunto inesperado (que non ten nada que ver) pero que literalmente sería remitir a un famoso vídeo de Rick Astley en vez de ao vídeo que quere ver o individuo rickroleado 😉
Se queredes evitar o Rickrolling recoméndovos ver un titorial sobre o tema que hai en YouTube.

Logo de Virgle– Google tamén anuncia unha colaboración con Virgin no proxecto Virgle, para levar xente a Marte. A min paréceme unha nova tan falsa coma pouco graciosa.

– Google estrea a busca futura (gDay)

– O iPhone 3G ¿en Nova Celandia?

– O Ryanair erótico: Ryanbare

Dodo, a aplicación que fai de máquina do tempo para fotografías:

– O útil conversor de Betamax a HD DVD:

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS